A SEGUNDA PARADA DO PROGRAMA “FGA NAS AULAS DE PRIMARIA” VISITOU BALEIRA, EN LUGO

31 enero, 2024

O ciclo de charlas “FGA nas Aulas de Primaria”, que conta coa colaboración de GADIS, proseguiu este martes 23 de xaneiro coa visita realizada ao CEIP Concepción López Rey, en Baleira na provincia de Lugo.

Os alumnos desta fermosa escola foron a segunda parada deste programa que pretende achegar o mundo da competición automobilística aos máis pequenos dos fogares galegos.

Os máis de 30 alumnos presentes nesta actividade puideron achegarse a esta modalidade de tanto arraigo en Galicia e que conta con miles de seguidores nas catro provincias.

Esta charla contou ademáis coa presenza de Daniel, Samuel e Julio Hortas, da Escudería Lucus Rally, que levaron os seus dous vehículos de competición ata a escola e contaron a súa experiencia no mundo da competición.

Como non, os máis pequenos puideron ver de preto os coches de competición e montarse neles para levarse a súa casa un recordo que abofé manterán na súa memoria co paso do tempo.

Ademáis, os alumnos coñeceron todos os pormenores do concurso de debuxo da FGA que lles dará a oportunidade de que o seu deseño se convirta na decoración do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey nunha proba do seu programa deportivo en 2024. A escola gañadora será invitada a visitar a carreira e ver de primeira man o resultado do seu traballo.

Compartir