O Campionato Galego de Montaña contará esta tempada cun novo formato promocional gracias ao acordo alcanzado con ASR Tyres e a firma de neumáticos Kumho.
O novo trofeo denominado “1ª Desafío Kumho Montaña 2024” estará presente en todas as citas puntuables para o Campionato Galego de Montaña con dúas modalidades distintas reservadas para vehículos de tracción dianteira e traseira.
Os premios por proba serán os seguintes:
Desafío Kumho Montaña 2024 / Dianteira:
1. 250 €
2. 200 €
3. 100 €
Desafío Kumho Montaña 2024 / Traseira:
1. 250 €
2. 200 €
3. 100 €
Os vencedores finais por copa (dianteira/traseira) recibirán na Gala de entrega de Premios da FGA de 2024 un trofeo para o piloto e outro para o copiloto.
Para poder participar neste formato promocional será preciso adquirir un xogo de neumáticos Kumho a ASR Tyres.
