PIRELLI AUMENTA A SÚA PRESENZA NO RALLYMIX COA “10ª EDICIÓN DAS COPAS PIRELLI”

14 febrero, 2024

A Federación Galega de Automobilismo, AMF Motorsport e a firma de neumáticos Pirelle acadaron un acordo polo cal aumentarán a súa presenza no Campionato Galego de Rallymix durante a tempada 2024.

A posta en marcha da “10ª Edición das Copas Pirelli Rallymix 2024” ampliará o número de vehículos admitidos neste formato con respecto ao ano 2023, pasando a ter tres variantes, Catro rodas motrices, tracción dianteira e tracción traseira. A puntuabilidade será nas sete citas do Campionato Galego de Rallymix.

Os premios por proba serán os seguintes:

10ª Copa Pirelli Rallymix / Dianteira:
1. 300 €
2. 200 €
3. 100 €
4. 50 €

10ª Copa Pirelli Rallymix / Traseira:
1. 300 €
2. 200 €
3. 100 €
4. 50 €

10ª Copa Pirelli Rallymix / Catro Rodas Motrices:
1. 300 €
2. 200 €
3. 100 €
4. 50 €

Os vencedores finais por copa (dianteira/traseira e catro rodas motrices) recibirán na Gala de entrega de Premios da FGA de 2024 un trofeo para o piloto e outro para o copiloto.

Para poder participar neste formato promocional será preciso adquirir cinco neumáticos en AMF Motorsport, SCG (Teléfonos: 986640715-607930393).

Compartir