A Federación Galega de Automobilismo chegou a un acordo con ASR Tyres e a empresa de neumáticos Kumho para a organización do “1º Desafío Kumho Rallysprint 2024” no Campeonato de Galicia de Rallysprint.
Este novo formato estará dividido en dúas modalidades, tracción dianteira e traseira e será puntuable nas tres carreiras do certame, cabendo a posibilidade de aumentarse a catro no suposto de haber unha proba máis.
Os premios por proba serán os seguintes:
Desafío Kumho Rallysprint 2024 / Dianteira:
1. 250 €
2. 200 €
3. 120 €
4. 70 €
Desafío Kumho Rallysprint 2024 / Traseira:
1. 250 €
2. 200 €
3. 120 €
4. 70 €
Os vencedores finais por copa (dianteira/traseira) recibirán na Gala de entrega de Premios da FGA de 2024 un trofeo para o piloto e outro para o copiloto.
Para poder participar neste formato promocional será preciso adquirir un xogo de neumáticos Kumho a ASR Tyres.
