A FGA ORGANIZA UN CURSO DE COMISARIOS TÉCNICOS EN POIO, PONTEVEDRA

29 enero, 2024

O sábado 10 de febreiro celebrarase en Poio o “Curso de comisarios técnicos” que debeu ser aprazado no pasado mes de novembro.

Este curso, que contará cunha parte teórica e outra práctica terá lugar na localidade pontevedresa de Poio e coma en anteriores formacións o prezo será de 50 euros por persoa (documentación e comida incluidos).

O curso dará comezo as 09:00 horas coa entrega das acreditacións e o material para a realización do curso que será no Centro cultural Xaime Illa en Poio, Raxó. A formación rematará en torno as 20:00 horas.

Para inscribirse neste curso será preciso encher o formulario e facer o pago na conta (https://forms.gle/zfo1bzQAw73SgieA8) co concepto curso técnicos antes do día 8 de febreiro as 23:59 horas na páxina web da Federación Galega de Automobilismo e neste comunicado. Non é preciso ter licencia en vigor para inscribirse neste curso. Todos aqueles que xa fixeran a súa inscripción anteriormente e non se lles fixera o abono do importe están inscritos.

Compartir