DANIEL ABELLÓN E MATEO GARCÍA, NOVOS PILOTOS BECADOS POLA FEDERACIÓN GALEGA DE AUTOMOBILISMO NA TEMPADA 2024

29 enero, 2024

O domingo 14 de xaneiro o circuito lucense da Pastoriza acolleu a selección do segundo piloto becado no campionato galego de Autocross Júnior a través da “2ª Beca Carcross – FGA” e o piloto becado no Campionato Galego de Montaña nesta mesma modalidade.

A convocatoria para estas dúas becas foi un éxito total, con 16 pilotos de entre 13 e 17 anos de idade á procura dun dos asentos para a tempada 2024.

Despois de distintas probas, os triunfadores da xornada foron Daniel Abellón, que pilotará o segundo dos Yacarcross no equipo júnior da Federación Galega de Automobilismo no autonómico de autocross, e Mateo García, que pilotará un carcross en seis probas do Campionato Galego de Montaña 2024.

Desta forma e gracias a colaboración con PTC, a Federación Galega de Automobilismo continúa a promocionar e premiar o talento dende a base, un dos principios nos que se sustenta o proxecto deportivo do equipo de traballo que dirixe o presidente, Antonio Rodríguez Troitiño.

Compartir