FENE PECHA O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE SLALOM

22 noviembre, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom baixa o pano esta fin de semana coa celebración do Slalom Scratch Fene, última proba puntuable e cita decana do certame.

Este sábado 23 de novembro estarán presentes na proba coruñesa máis de 80 equipos, nunha cita que marca o fin da actividade na Federación Galega de Automobilismo na tempada 2024.

Na liña de saída de Fene estarán os principais favoritos e animadores do certame, nunha competición que dará comezo ás 10:15 horas coa primeira das mangas de adestramentos. A continuación terá lugar a segunda manga de recoñecemento, antes do habitual parón do mediodía.

A primeira das mangas oficiais dará comezo as 15:30 horas, coa segunda delas xusto a continuación.

A entrega de premios está marcada para as 23:00 horas no Campo da Feira da localidade.

Compartir