JOSÉ LAMELA, VENCEDOR DO SLALOM SCRATCH FENE

25 noviembre, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom baixou o pano coa celebración do Slalom Scratch Fene, proba decana do certame e que contou con nada menos que 81 equipos na liña de saída.

Un certame apaixoante no que Rubén Gandoy xa chegou como campión, título que repite dez anos despois de lograr o primeiro deles. No apartado competitivo e conscientes do tempo requerido ao contar con tantos equipos, actividade frenética. Durante toda a xornada os participantes foron realizando o percorrido, no que o mellor clasificado foi José Lamela, que ademáis gañou o trofeo Júnior.

Lamela, habitual da Copa Yaris do Campionato de España, foi un dos animadores da proba aos mandos dun Citroën Saxo co que marcou un crono final de 1:40.339, apenas un segundo máis rápido que Diego Varela, que no Peugeot 206 ocupou o segundo posto da xeral.

O terceiro chanzo do podio foi a parar a mans de Gandoy, xa campión autonómico no Peugeot 206 e a medio segundo do segundo posto da xeral.

Completaron os cinco primeros clasificados da proba Pablo Castro, aos mandos do seu habitual Citroën AX e Iván Picallo, no Citroën Saxo.

Nos debutantes, primeiro posto para Jose Luis López Fontao, no Citroën AX, con María José Chao como vencedora dentro do trofeo Feminino.

Adrián Insua foi o mellor no trofeo Scratch Fene, mentres que nos traseiras o gañador foi Marcos Ponce.

Por último, Antonio Amor levouse o trofeo de veteranos e o de históricos no seu espectacular Seat 1430.

 

 

 

Compartir