O Campionato Xunta de Galicia de Rallyes continúa esta fin de semana coa celebración da cuarta data puntuable, o Mariña Lucense.
A cita, que contará con case oitenta equipos na liña de saida situada en Viveiro, marcará unha nova etapa dun certame que ten aos vehículos WRC e aos Rally2 como principais candidatos ao triunfo final.
Ademáis, tamén estarán presentes os distintos certames promocionais amparados pola firma de pneumáticos Pirelli ou o Criterium Recalvi, que nesta carreira terá nada menos que 15 equipos inscritos o que confirma o excelente estado de saúde deste formato promocional.
A actividade comezará este venres 10 de maio ás 20,30 horas coa cerimonia oficial de todos os participantes e coa presenza das autoridades na Travesía da Mariña de Viveiro. Os participantes sairán en sentido inverso neste acto protocolario.
Para o sábado 11 de maio, oito treitos cronometrados con comezo ás 09:00 horas en Vicedo e chegada do primeiro participante ao parque pechado final ás 21:50 horas, novamente na Travesía da Mariña.
A entrega de premios está marcada para as 23:30 horas.
