MÁIS DE MEDIO CENTO DE ALUMNOS NA TERCEIRA CHARLA DO PROGRAMA FGA NAS AULAS DE PRIMARIA CELEBRADA EN TABOADA

7 febrero, 2024

O ciclo de charlas “FGA nas Aulas de Primaria”, que conta coa colaboración de GADIS, afrontou este martes 6 de febreiro a terceira parada, nesta ocasión no CPI San Tomé do Carballo, na localidade lucense de Taboada.

Novamente e grazas a colaboración da Escudería Taboada, os máis de 50 nenos de primaria puideron desfrutar dunha mañá de automobilismo e competición que dificilmente olvidarán.

A charla contou coa presenza de José Seijo, Brais Rigueira e Carlos Álvarez, que non quixeron perder a oportunidade de compartir a súa experiencia no mundo da competición cos alumnos do centro escolar..

Tal e como é habitual nesta actividade, ao término da charla e logo dun bo anaco de preguntas aos ponentes, os nenos e nenas puideron observar de preto os vehículos de competición, facéndose fotos e resolvendo todas as dúbidas que se lles presentaron.

Nun punto que xa se está a transformar nunha das grandes atraccións deste programa de charlas en centros educativos, os alumnos coñecerons os pormenores do concurso de debuxo da FGA que lles dará a oportunidade de que o seu deseño se convirta na decoración do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laiño e Isidro Rey nunha proba do seu programa deportivo en 2024.

A escola gañadora será invitada a visitar a carreira e ver de primeira man o resultado do seu traballo.

Compartir