Javier Ramilo «Kobas» (Clase A) e Manuel Osorio e Raquel Rodríguez (Clase B) foron os vencedores do Rallymix Cuntis V.T. , quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da modalidade disputado este pasado sábado na localidade pontevedresa.
Non puido ser mellor o retorno do vixente campión ó certame. «Kobas» demostrou que continúa a ser un dos mellores pilotos do certame e acadou o triunfo en Cuntis (41:19.010) unha vez que o primeiro líder da proba, Sergio Fernández tivo problemas mecánicos e non puido pelexar polo triunfo final.
O segundo posto da clasificación foi para outro retornado ó campionato, Manuel Osorio. Nesta ocasión copilotado por Raquel Rodríguez, o do Skoda Fabia RS Rally2 (primeiro clase B) superou na manga final ao que finalmente sería terceiro clasificado e segundo clasificado da clase B, José Miguel Martínez Barreiro «Bamarti», acompañado pola súa filla Blanca Martínez.
Completaron os cinco primeiros clasificados da xeral, Daniel Remuiñán e Álvaro Cerqueiras (terceiro clase B) e Cristóbal Serantes (segundo clase A).
O podio da clase A, reservada a carcross, completouno Miguel Ángel Jiménez, na sexta posición da xeral.
Jaime Pérez e Alberto dos Reis foron os primeiros clasificados na Pirelli 4×4, seguidos de David González e Christian Mejuto.
Na competición para vehículos de tracción dianteira, nova victoria para Diego Vila e Álex Sampayo, con Juan José Pintos e Joel Souto e Fran Abalo e Cristian García na segunda e terceira praza, respectivamente.
Entre os MRF, primeiro lugar para Adrián Campaña. O segundo posto foi para Damián Mateo Abal e a terceira para Miguel Iglesias.
Por último, dentro da Copa Iniciación Escuderías, primeiro posto para Fran Abalo e Cristian Garcia, con Juan Manuel Cagiao e Francisco García en segunda posición e Alejandro e Sara Caigao en terceiro lugar.
