ABRAHÁN VÁZQUEZ E JORGE PÉREZ, TRIUNFADORES EN PONTE CALDELAS

13 septiembre, 2026

Abrahán Vázquez en non carrozados e Jorge Pérez, en carrozados, foron os vencedores da Subida a Ponte Caldelas, sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.

Vázquez, alternativa de Jacobo Senín durante a tempada aproveitou a ausencia do xa campión autonómico para levarse o triunfo na rampa pontevedresa cun crono final de 4:25.455.

O segundo posto da clasificación xeral e primeiro da Copa CM Montaña foi para Daniel Rodríguez, que superou en apenas dous segundos a Juan González Costas, terceiro da proba e segundo da Copa.

Completaron os cinco primeiros clasificados Alfonso «Pisko» Ventín (primeiro entre os carcross) e Jorge Pérez Alonso, primeiro carrozado e novo campión galego da modalidade.

A continuación de Pérez Alonso na modalidade de carrozados situáronse Jonathan Álvarez e Javier Carballo, todos eles aos mandos de Porsche.

Álex Pereira, piloto do FGA Júnior Team by MaxiDeza foi sexto clasificado da clase 8 (13º da xeral), nunha boa fin de semana.

Por último, Carlos Gutiérrez e Elías González foron os mellores na categoría de regularidade, seguidos de Sito Cabral e José Manuel Quintas e de Fernando Ferreiro e Antonio Martínez.

A última proba do Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre terá lugar o próximo mes coa celebración da Subida a Santa María de Oia, que retorna o certame.

Compartir