Alejandro Vecino, Jon Ander López, Beto Lorenzo e Joao Traila foron os vencedores do Autocross de Carballo, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia da especialidade.
Na Clase I, novo triunfo para Alejandro Vecino, que no Citroën Saxo finalizou a proba cun tempo de 5:06.912.
Vecino completou as seis voltas de carreira cunha vantaxe superior aos seis segundos sobre Javier Lea e Juan Ángel Rodríguez, que completaron o podio.
Jon Ander López foi o máis rápido dentro do participantes da Clase II, cun crono final de 6:48.281.
O campión galego logrou a victoria por diante de Martín Castro e de Carlos Santos.
Entre os carcross da Clase III, primeiro lugar da clasificación para Beto Lorenzo, que demostrou estar nun excelente estado de forma neste punto da tempada. O segundo posto foi para Andres Iglesias, un doblete para LifeLive.
Dani Vázquez foi o terceiro clasificado aos mandos dun Labase FX01 despois da penalización sufrida por Roberto Rodríguez, que caeu finalmente a sexta praza.
Manuel Martins foi o vencedor da Copa MRF Senior, con Manuel Costas no segundo posto da clasificación.
Por último dentro dos competidores júnior da Clase V, primeiro lugar para Joao Traila, seguido de Mateo Villar e de Arón Cid, todos eles aos mandos de Ya-Car.
Marcos Molinos foi o primeiro clasificado da Copa MRF Júnior no cuarto posto da xeral. A continuación, Adrián Fernández e o becado do FGA Júnior Team by MaxiDeza, Manu Mariño.
