Quinta parada do Campionato Xunta de Galicia de Slalom e visita a localidade de Rianxo para desfrutar da undécima edición da súa proba.
Cita clave no certame autonómico despois da cancelación do Slalom das Somozas, que deixa o certame en seis citas puntuables. Desta forma, serán finalmente 61 equipos os que se darán cita na carreira coruñesa para sumar o máximo de puntos nas distintas categorías e agrupacións.
Despois das verificacións técnicas e administrativas a primeira das mangas de adestramentos comezará ás 11:00 horas, coa segunda xusto a continuación. As mangas oficiais comezarán despois, nesta ocasión sen parón no mediodía.
A entrega de premios está prevista para as 20:45 horas na Praza do Concello de Rianxo.
