O AUTOMOBILISMO GALEGO ENMUDECE POLO PASAMENTO DE JESÚS LÓPEZ

23 agosto, 2026

Jesús López Fernández «Pijo», de 48 anos, perdeu a vida este domingo 23 de agosto durante a celebración da quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre, a Subida a Taboadela.

O piloto perdeu o control do seu vehículo na zona final da rampa ourensá e impactou violentamente contra un muro e un árbol, polo que non foi posible facer nada pola súa vida a pesar dos esforzos de varios dos seus compañeiros e dos medios de extinción e seguridade da proba. Todos eles puxeron a súa vida en perigro para tentar o seu rescate nun acto de valentía que demostra a grande familia que é o automobilismo galego.

Desde a FGA queremos mostrar o noso máis profundo pesar polo pasamento dun deportista cunha longa e recoñecida traxectoria no noso deporte e que nas últimas tempadas, ademáis de competir, convertiuse en impulsor e tutor de varias das nosas promesas deportivas a través de beca carcross de montaña.

Ademáis, desexamos unha pronta recuperación ó afeccionado ferido e ás persoas que tentaron rescatar a Jesús do vehículo.

Coa partida de Jesús, Suso ou «Pijo», marcha con nós un amigo e compañeiro que sempre colaborou con todo o mundo en todo o que puido e que deixa unha marca fondísima nos nosos corazóns. Non era soamente o bo piloto que era, era o enorme corazón que tiña.

Desta forma, o presidente da FGA, Antonio Rodríguez Troitiño e toda a súa xunta directiva e colaboradores quere amosar máxima estima pola vida e traxectoria de Jesús e piden o máximo respecto e intimidade para a súa familia e amigos, ademáis de para os integrantes da Escudería Taboadela, nuns momentos tan complicados para eles.

De forma específica, queremos enviar o noso pésame a toda a familia de Jesús, así como os seus compañeiros de equipo e amigos, podedes contar coa FGA para o que precisedes, non estades solos.

Ademáis, con respecto a Subida a Taboadela e ós seus organizadores queremos mostrarlles publicamente o noso apoio neste momento tan terrible, xa que cremos que a seguridade do evento era de máximo nivel e esta fatalidade é un mazazo enorme para eles. Estamos con vos.

Tamén comunicamos que ningún integrante da FGA fará declaracións públicas que non aportarán o máis mínimo a un día de tanta dor para todos e todas, agardamos que tódolos medios, afeccionados e deportistas o comprendan.

Compartir