A ESTRADA, CUARTA PARADA DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MONTAÑA – CIRCUITO INTERNACIONAL DE MONTALEGRE

31 julio, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre prosigue esta fin de semana coa celebración de cuarta proba puntuable a Subida A Estrada.

A decana das carreiras en montaña que se celebran dentro do certame autonómico contará nesta edición con 77 equipos, seis máis que na pasada edición. Na liña de saída estarán os principais candidatos ao título autonómico, con Jacobo Senín coma principal favorito ao trinfo entre os non carrozados e a xeral e Jorge Pérez Alonso nos carrozados.

Ademáis continuará a loita nas diferentes agrupacións, con pilotos pouco habituais do campionato que non queren perderse a última proba antes dun parón de dúas semanas nos certames autonómicos.

En canto aos horarios, as verificacións optativas serán este venres 31 de xullo entre as 19:00 e as 22:00 horas, mentres que as obrigatorias comezarán ben cedo na mañá do sábado 1 de agosto (08:45 horas). A primeira manga de adestramentos comezará ás 15:30 horas da tarde, coas dúas oficiais xusto a continuación.

Para o domingo, o comezo está marcado ás 09:00 horas da mañá co mesmo formato, adestramentos e posteriormente as dúas ascensións oficiais.

A entrega de premios será na praza da Constitución, en A Estrada, ao término da carreira.

Compartir