O Campionato Xunta de Galicia de Karting baixou o pano esta fin de semana coa celebración da cuarta e última proba puntuable, o Karting de Outeiro de Rei.
Bo tempo, moito público e máis de cen equipos na liña de saída dunha proba que certificou aos campións galegos da tempada 2026, que aínda terán unha nova xuntanza a final de tempada con motivo da Supercopa FGA.
Despois da xornada de adestramentos e participación dos inscritos na modalidade pre rookie na xornada do sábado, chegou o turno das categorias competitivas durante o domingo.
Entre os participantes Rookie IAME, o mellor clasificado foi Beny Palacio seguido de Minh Pita e Daniel Núñez. Dentro dos Vortex, o vencedor foi Alex Fernández, con Lucas Pardo e Carmen Pintor xusto a continuación.
Enzo Prada obtivo o triunfo na modalidade Mini, seguido de Matteo Rodríguez e Daniel López. Yerai Pérez foi o primeiro clasificado dentro dos debutantes da categoría Mini Novel na oitava posición.
Un chanzo por riba, na categoría Júnior, primeiro posto para Alejandro Méndez, seguido de Kevin Fernández e de Enzo Sánchez.
Saúl Vaz obtivo a primeira posición na categoría Sénior, con Esau Voces e Mauro Mesonero coma compañeiros no podio da proba lucense.
Por último, entre os máis potentes KZ, victoria para Luis Fernández, con Pablo Capón e César Álvarez na segunda e terceira posición, respectivamente. Guillermo Carrera foi o mellor entre os participantes da categoría KZ2.
