Jacobo Senín (no carrozados e xeral combinada) e Jorge Pérez Alonso (carrozados) foron os vencedores da Subida a Estrada, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.
Senín, baixo as cores da escudería organizadora, a Estradense, e aos mandos da súa habitual Nova NP01, impúxose en tódalas mangas oficiais nas que participou para obter un tempo final de 4:40.339.
Senín, que conta por victorias tódalas súas participacións na tempada, superou en 11,6 segundos a Abrahán Vázquez, que na xornada do domingo rodou moi preto do vencedor.
Completou os tres primeiros clasificados Manuel Rey, que non puido completar a derradeira ascensión por unha saída de estrada.
Na quinta posición sitouse o vencedor da categoría de carrozados, Jorge Pérez Alonso que no Porsche 992 GT3 non deu opción aos seus rivais (5:12.167).
Manuel Senra, co Peugeot 308 TCR e Sergio Vallejo, no Porsche 997 GT3 foron segundo e terceiro clasificado da categorá a 12,5 e 16,4 segundos do vencedor.
Entre a sempre abondosa clase 8, a reservada para os carcross, triunfo para Alfonso «Pisko» Ventín, que loitou coas dores nas costas que lle provocou a compresión na primeira pasada oficial.
O segundo chanzo do podio foi para Pablo López e a terceira para Martín Torres.
O becado da FGA, Alex Pereira, non rematou a proba despois dunha pequena saída de estrada e un percance mecánico no seu LaBase.
Entre os participantes de regularidad, primeiro posto para Fernando Ferreiro e Antonio Martínez seguidos de Sito Cabral e José Manuel Quintas e Manuel Ángel e Miguel Ángel Díaz.
