«PISKO» VENTÍN E OS IRMÁNS IGLESIAS, GAÑADORES NO RALLYMIX DE RIBADUMIA

26 julio, 2026

Alfonso «Pisko» Ventín e Celestino Iglesias e Jorge Iglesias, foron os vencedores do Rallymix de Ribadumia, terceira proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia.

Nunha fin de semana con bo tempo e abundante público na proba pontevedresa, Ventín foi o máis rápido na clasificación xeral, que ademáis o convertiu no primeiro clasificado da Clase A.

O de Cotobade firmou un tempo total de 49:44.0, máis de medio minuto máis rápido que o segundo clasificado, Darío Calviño, tamén aos mandos dun Yacarcross SXC.

O terceiro posto da clasificación foi para Alejandro Fariña, que se quedou a máis de dous minutos do vencedor da proba.

Completaron os cinco primeiros da xeral Cristóbal Serantes e Abel Jurado.

Na Copa MRF acompañando a «Pisko» Ventín no podio estiveron Ismael Neira e Adrián Campaña.

Entre os participantes na Clase B, primeiro posto para Celestino e Jorge Iglesias, que aos mandos do Ford Fiesta N5 foron os mellores na proba da casa e que organiza a súa escudería.

Ademáis obtiveron o séptimo posto da xeral combinada e o primeiro dentro da Copa Pirelli 4×4.

Na segunda e terceira posición da Clase B situáronse Toño Otero e Nacho Sayáns e Jaime Pérez e David Calvo, nun Skoda Fabia RS Rally2 e un Peugeot 208 T16 R5.

Precisamente Pérez e Calvo foron os segundos clasificados da Pirelli 4×4 mentres que o terceiro chanzo do podio foi para o asturiano Christian Gil e Ángel Rodríguez.

Entre os participantes na Copa Pirelli Dianteira, victoria para Diego Vila e Álex Sampayo, no Peugeot 205. Marcos Lista e Martín Fariña foron segundos e Juan Manuel Cagiao e Francisco García, terceiros.

Cagiao e García fixéronse tamén coa primeira posición dentro da Copa Iniciación Escuderías, seguidos de José Pena e Lucía Regos e de Iria Iglesias e María Becerra.

Compartir