CATORCE ASPIRANTES PARA FACERSE CO VOLANTE DO DACIA DO PROGRAMA «+TALENTO MOTOR» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

17 enero, 2026

Este domingo 18 de xaneiro no circuito de A Madalena en Forcarei terá lugar a terceira selección de piloto do programa «+Talento Motor» da Deputación de Pontevedra.

Este programa de promoción do automobilismo deportivo impulsado pola Deputación de Pontevedra e coa colaboración da Federación Galega de Automobilismo e AMF Motorsport dará unha oportunidade a un xoven talento da provincia para formarse coma piloto no Volante FGA – Sandero Eco Cup Galicia 2026.

Nesta terceira edición serán 14 os aspirantes que participarán nun curso de conducción deportiva e posteriormente afrontarán as mangas eliminatorias do que sairá o campión.

A selección comezará as 9:00 horas, pero os aspirantes deberán estar ás 08:45 na porta do trazado para realizar as comprobacións pertinentes. É preciso levar o DNI para acceder.

Os aspirantes deste ano son:

  1. Iago García Palacios
  2. Adrián Gómez Couñago
  3. Miguel González Domínguez
  4. Daniel González Sánchez
  5. Adrián Domínguez Pereira
  6. Miguel González Freiría
  7. Lucía Mariño Estévez
  8. Pablo Tinahones Figueroa
  9. Pablo Sierra Villaverde
  10. Pablo Lorenzo Estévez
  11. Mario Rodríguez Nandín
  12. Uxío Tobio Juan
  13. Iván Piedras Camiña
  14. Cristian Ferreira Lareo

Compartir