A terceira edición do programa «FGA nas Aulas de Primaria» xa pechou o prazo de inscripción para o curso 2025-2026 con nada menos que 26 centros escolares que queren contar coa presenza de pilotos, organizadores e oficiais neste ciclo de charlas introductorias ao mundo do automobilismo deportivo.
O éxito das dúas edicións anteriores, con máis de 1600 alumnos e alumnas asistentes, tivo un impulso durante este periodo de inscripción, o que confirma o interese que desperta o automobilismo na cultura galega.
Nesta edición serán novamente 12 centros os que contarán coa presenza do ciclo de charlas, basándose nos criterios das bases. Nos próximos días enviaremos un correo aos centros seleccionados para concretar a data da nosa visita, que será entre os meses de xaneiro e xuño.
Dende a Federación Galega de Automobilismo queremos agradecer o enorme interese mostrado polos centros por acoller o noso estimado «FGA nas Aulas de Primaria» e tamén aos patrocinadores que nos acompañan nesta fermosa aventura (GADIS e Recalvi no 2025).
