O fin de festa do Karting galego chega esta fin de semana a Outeiro de Rei. A Supercopa de Karting FGA celébrase este sábado e domingo no trazado lucense con máis de un cento de equipos presentes e un nivel digno dun certame que non deixa de medrar dende a tempada 2023.
Por diante dúas xornadas de competición que darán comezo este sábado cos adestramentos libres e as carreiras da categoría pre-rookie, a porta de entrada ao automobilismo para os deportistas máis xóvenes.
Xa na xornada dominical, turno para o resto de categorías. Dende primeira hora da mañá, ás 9:45 horas, turno para os adestramentos libres e mangas clasificatorias, antes de dar paso ás carreiras que decidirán quen son os campións desta Supercopa FGA.
A entrega de premios está marcada para as 15:30 horas da tarde no propio circuito.
A entrada é libre.
