AITOR ALONSO, DO COLEGIO LAR DE MOS, VENCEDOR DO CONCURSO DE DEBUXO DO «FGA NAS AULAS DE PRIMARIA»

30 septiembre, 2025

A segunda edición do concurso de debuxo do programa de introducción ao automovilismo deportivo «FGA nas Aulas de Primaria» xa ten gañador.

Nesta ocasión, o xurado formado polo presidente da Federación Galega de Automobilismo, Antonio Rodríguez Troitiño; Lucía Santos (GADIS) e Román Lamas (Secretario da FGA) escolleron como vencedor desta competición a Aitor Alonso Vieitez, alumno do Colegio Lar de Mos (Pontevedra).

A segunda edición deste concurso contou con máis de 900 propostas diferentes e a de Aitor destacou pola excelente combinación de cores e detalles fora do común, o que chamou a atención dos integrantes do xurado, nunha segunda edición na foi realmente complicado escoller ao mellor de todos.

Así pois, Marco Lorenzo e Diego Gil utilizarán unha decoración basada no deseño de Aitor na última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi, o Rally San Froilán.

Este ano o deseño gañador será desvelado nun acto no propio centro escolar nunha data por confirmar.

A adaptación do debuxo de Aitor será feita por Pablichor Designs.

O programa «FGA nas Aulas de Primaria», polo que xa pasaron máis de 1.600 escolares é posible grazas ao apoio de GADIS e Recalvi e continuará durante o curso 2025-2026.

Nas próximas semanas abrirase o prazo de solicitude de datas para a terceira edición.

Compartir