LOBIOS PECHA O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYSPRINT GT2I

2 octubre, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint – GT2i remata esta fin de semana coa celebración da primeira edición do Rallysprint de Lobios, cuarta proba puntuable.

A cita ourensá contará con 79 equipos na liña de saída da carreira, que devolverá a actividade a unha zona histórica no automobilismo galego. Desta forma, a atención polo título céntrase na loita entre Javier Martínez Carracedo e Marcos Fernández, Miguel Ángel Alonso e Leti Álvarez e Abel Pampillón e José Lage, que tentarán subir ao máis alto do podio final. Non estará Darío Calviño, que participará no Rally Rías Altas, pero sí Manuel Mora e Iván Bajo, que chegados dende Asturias porán o punto de cor a proba e Toñito López coa local María Silva, sempre candidatos ao triunfo.

Ademáis dos principais candidatos ao triunfo tamén estarán os participantes da Copa Kumho nas súas dúas variantes e no que supón un éxito tanto de igualdade coma de rendemento.

En canto a proba, as verificacións técnicas comezarán o venres 3 de outubro ás 19:00 horas. Xa o sábado, resto de verificacións a partir das 08:15 horas. O primeiro dos treitos cronometrados comezará ás 14:15 horas.

O primeiro participante chegará ao parque pechado final de Lobios ás 18:30 horas

Compartir