O Rally de Ferrol retoma a actividade no Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi. Séptima proba puntuable dun certame apaixoante e que nesta edición da proba contará con 124 equipos na liña de saída, incluídos os principais candidatos ao título e as diferentes copas de promoción autonómicas.
Entre as novidades, a presenza de Jorge Cagiao e Javi Martínez no Skoda Fabia RS Rally2 do equipo Recalvi, equipo que contará para a victoria co permiso de Víctor Senra e José Murado, no Hyundai I20N WRC. Ademáis, outros sete vehículos da categoría Rally2/R5 coma Alberto Meira e Avelino Martínez, Dani Berdomás e David Rivero ou Joan Vinyes e Jordi Mercader, entre outros.
Tamén estarán presentes os participantes da Top Ten Pirelli Driver Autia B e C, os da Pirelli AMF, a Challenge R2 Staroil, o Volante FGA e o Criterium Recalvi, nunha lista con ampla variedade e puntos de interese.
A actividade deportiva comezará esta mañá coa celebración das verificacións e o shakedown da proba, que servirá coma punto de referencia para os treitos do sábado. Tamén este venres, a partir das 19:30 na Avenida de Esteiro, cerimonia de saída da proba.
O sábado, sete treitos cronometrados con inicio en Irixoa-Monfero, a partir das 08:56 horas. O primeiro participante chegará novamente a Avenida de Esteiro ás 20:15 horas.
O sportity da proba é: RFERROL2025 e os tempos online poden seguirse nesta ligazón:
