Víctor Senra e José Murado, no Hyundai I20N WRC, foron os vencedores do 56 Rally de Ferrol, séptima proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi.
Senra e Murado dominaron a carreira de principio a fin, nunha xornada marcada pola calor e os imprevistos nos sete treitos da cita ferrolana.
O equipo do Hyundai, cun tempo final de 59:37.136, aventaxou en 1:40 a Alberto Meira e Avelino Martínez, no Skoda Fabia R5 (1° Supercampionato R5 e xa campións do formato promocional). Meira e Martínez protagonizaron unha fermosa loita cos terceiros clasificados finais, Dani Berdomás e David Rivero, sustituto nesta ocasión de Brais Mirón.
Berdomás e Rivero, que participaron no Skoda Fabia R5, quedáronse a 1:57.3 da victoria.
Completaron os cinco primeiros clasificados en Ferrol Jorge Cagiao e Javier Martínez e Joan Vinyes e Jordi Mercader. Cagiao e Martínez , na súa estrea no Skoda Fabia Rs Rally2, realizaron unha excelente proba que soamente se viu lastrada por un furo.
Na Top Ten Pirelli Driver B, primeiro posto para Abel e José Lage, no Mitsubishi Lancer Evo X. A continuación, Tino e Jorge Iglesias e Vicente Cabarcos e José Luis López.
Na C, primeira posición para Toñito López e Santiago Gil no Peugeot 106, con Manuel Souto e Raquel Rodríguez en segundo lugar (1° Challenge R2 Staroil) e David Rivas e José Vieitez (2° Challenge R2 Staroil).
Juan José Mato e Andrea Balayo foron os vencedores da Pirelli AMF, seguidos de Héctor Perez e Santiago Amarelo e de Juan Carlos Pampillón e Cristian Álvarez, que sufriron problemas mecánicos e un furo que arruinou a súa carreira cando lideraban cunha ampla vantaxe.
Ánxel Vizoso e Brais López venceron o Volante FGA e a PXP e acadaron os puntos necesarios para ser os novos campións do formato. O segundo posto foi para Roberto Suárez e Cristian García e o terceiro para Luis Rivera e Julio Monteagudo.
No Criterium, primeiro posto para Adrian Regueira e Sergio Fernández, segundo para Richard Franco e José Seco e terceiro para Gabri Gándara e Nacho Sayans.
A seguinte proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes Recalvi será a finais do mes de setembro con motivo do Rally Comarca de Carballiño.
