SENÍN E PÉREZ NON DERON OPCIÓN EN A ESTRADA

3 agosto, 2025

Jacobo Senín, aos mandos da Nova, foi o absoluto dominador e vencedor da Subida a Estrada, quinta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre.

Celebrada baixo unha intensa calor, o piloto da Escudería Estradense non deu a máis mínima opción a calquera dos seus rivais, deixando o crono final en 4:30.589.

A continuación, no segundo posto da xeral, Jorge Fernández, que pouco puido facer ante a superioridade da barqueta do vencedor. O piloto da Gloria C8p quedouse a 17 segundos do triunfo.

O terceiro chanzo do podio foi para o vencedor da categoría de carrozados, Jorge Pérez Alonso. Ó igual que Senín, Pérez foi o dominador da proba cun crono final de 5:06.620.

Completaron os cinco primeiros clasificados, os dous primeiros carcros. Alfonso «Pisko» Ventín e Abrahán Vázquez, ambos sobre Yacar, ofreceron un fermoso espectáculo durante a fin de semana, o que demostra o enorme nivel sobre este tipo de vehículos que hay en Galicia. Sexto e terceiro de carcross, foi Beni Porto a solo tres décimas de segundo do ourensán Vázquez.

Con respecto a categoría de carrozados, completaron o podio Manuel Senra, no retorno do Peugeot 306 Maxi ás carreiras galegas, e Fran Casqueiro, no fermoso Volkswagen Golf TCR.

Entre os participantes en regularidade, primeiro posto para Sito Cabral e José Manuel Quintas, no Honda Civic e con 8800 puntos de penalización. A continuación, Fernando Ferreiro e Antonio Martínez (9099) e Iván e José Antonio López (17814).

A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre terá lugar os días 23 e 24 de agosto en Taboadela, Ourense.

Compartir