Anxo Lariño, aos mandos do Citroën Saxo, foi o mellor no Slalom de Sarria, quinta proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Slalom.
Lariño, cun tempo de 1:34.850, sumou un triunfo máis ao seu palmarés cunha vantaxe de 0.046 segundos sobre Iván Picallo, no seu habitual Citroën Saxo.
O terceiro chanzo do podio foi para Borja Cotovad, no afinado Ford Escort MKII. O da Escuderia Scratch Fene quedouse a seis décimas do triunfo na cita lucense.
Completaron os cinco primeiros clasificados Bruno Fernández e Diego Gómez, nun Peugeot 206 e un BMW 325, respectivamente.
Eva María Caride foi a vencedora no Trofeo Feminino seguida de Marta Loureiro e Alba Senande.
Entre os debutantes o mellor foi Francisco Rodríguez, nun BMW. Acompañárono no podio Miguel Villanueva e Iván Penabad.
A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Slalom tera lugar o 16 de agosto na localidade pontevedresa de Rodeiro.
