FRAN PICO REPITE TRIUNFO NO SLALOM DE MOECHE

20 julio, 2025

Fran Pico, aos mandos do Citroën AX, foi o vencedor do Slalom de Moeche, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Slalom e que contou con máis de 70 equipps inscritos.

Pico, habitual do certame e vencedor da edición de 2024, deixou o crono fixado en 2:14.124, un segundo e medio máis rapido que o segundo clasificado, que nesta ocasión foi Ivan Picallo, no Citroën Saxo.

O terceiro chanzo do podio foi para o vencedor do Slalom de As Pontes, Borja Cotovad, no Ford Escort MKII. Cotovad quedouse a dous segundos do triunfo final.

Completaron os cinco primeiros clasificados en Moeche, Antonio Amor e Vicente Cabarcos.

Na modalidade de debutantes, primeiro posto para Francisco Rodríguez Coba e na feminina para Mariquiña Chao.

Compartir