A SUBIDA A ESCUSA-POIO CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO CON 76 INSCRITOS

13 junio, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre continúa esta fin de semana coa terceira proba puntuable, a Subida a Escusa – Poio, que nesta edición número 25 contará con 76 equipos na liña de saída.

Ano de aniversario para unha proba con cinco inscritos máis que na edición anterior e que confirma o rexurdimento do certame autonómico. Entre os principais aspirantes á victoria e coa ausencia de Jacobo Senín e Alexis Vieitez ao non adaptarse os seus vehículos ao sinuoso trazado pontevedres, destaca a presenza de Jorge Fernández Vilarchao, Martín Villar e Yelco Álvarez, todos eles ourensáns.

Ademáis ampla presenza de vehículos da categoría carcross, cun novo enfrontamento entre os pontevedreses Alfonso «Pisko» Ventín e Beni Porto, no Yacar e o LaBase, respectivamente.

A Copa CM Montiño – Terras de Lantaño chega a súa terceira parada con tres participantes e no apartado de carrozados, cara a cara entre Jorge Pérez Alonso, no Porsche 991 GT3 e Manuel Senra, que repite no Hyundai I20N WRC.

Con respecto aos horarios, para o sábado, unha manga de adestramentos e dúas oficiais, con comezo a partir das 15:30 horas. Para o domingo, mesmo planning con comezo ás 09:30 horas da mañá.

A entrega de premios será ao término da proba en A Reiboa.

Compartir