VILATUXE ESTRÉASE NO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE SLALOM

11 octubre, 2024

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom continúa este sábado 12 de outubro coa celebración do primeiro Slalom de Vilatuxe, a poucos quilómetros de Lalín. En total serán 28 equipos os que estarán presentes na localidade pontevedresa para afrontar a que será a oitava data do certame autonómico.

Entre os favoritos, Rubén Gandoy, Antonio Amor, Daniel Mellado ou Pablo Castro, que tentarán sumar o máximo de puntos de cara ao final do certame nun trazado situado no entorno do Auditorio de Vilatuxe.

A proba dará comezo as 12:00 horas da mañá coa celebración da primeira das manga de adestramentos. As 16:00 horas, os equipos inscritos afrontarán a segunda manga, para celebrar xusto a continuación as dúas oficiais.

A entrega de premios está marcada para as 21:15 no Mesón O Cruce.

 

Compartir