TABOADA ACOLLE O INICIO DO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE MONTAÑA – CIRCUITO INTERNACIONAL DE MONTALEGRE

25 abril, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña- Circuito Internacional de Montalegre comeza esta fin de semana en Taboada, Lugo, coa celebración da primeira proba puntuable.

Serán 58 equipos os que tomarán a saída nunha proba que xa abriu o certame o pasado ano e que novamente contará cos principais candidatos as victorias nas distintas clases.

Jacobo Senín, Alexis Vieitez e Jorge Fernández parten como claros candidatos ao triunfo na rampa lucense, que afronta a duodécima edición de existencia.

Entre os carrozados, enfrontamento entre os Porsche de Jorge Pérez, Javier Carballo e Sergio Vallejo que terán como rivais a Manuel Senra (Peugeot 306 Maxi) ou Fran Casqueiro (Volkswagen Golf TCR).

Ademáis, ampla presenza dos carcross da categoría 8 co debut do becado da FGA, o ourensán Mario Rivera. Nesta categoría as miradas sitúanse en Beni Porto, dada a ausencia de “Pisko” Ventín, o vixente campión.

Tamén haberá presenza entre os equipos de regularidade, con Sito Cabral e José Manuel Quintas defendendo o título da pasada tempada ante sete rivais máis.

A primeira manga de adestramentos terá lugar o sábado 26 de abril a partir das 14:00 horas, aproximadamente. As mangas oficiais celebraranse xusto a continuación.

Para o domingo, segunda manga de adestramentos ás 09:00 horas, co mesmo formato de competición que o sábado.

A entrega de premios terá lugar na Avenida de Lugo ao remate da competición.

A proba poderá seguirse de forma íntegra a través da canle de Youtube da Federación Galega de Automobilismo (https://www.youtube.com/@fedgalegaauto)

Compartir