A Federación Galega abriu o prazo de solicitude de datas para as probas que desexen estar nos distintos Campionatos Xunta de Galicia da tempada 2027.
Para a confirmación de solicitude de datas para a tempada 2027 deberase adxuntar:
- Cubrir esta solicitude elexindo dúas posibles datas.
- Achegar xustificante de pago dos dereitos de calendario.
- Estar ao día coa F.G.A. no pago de servizos prestados ó Organizador nas probas deportivas celebradas ata a data.
O prazo de aceptación de solicitudes estará aberto ata o día 15 de OUTUBRO de 2026.
Está solicitude é só a efectos de reserva, quedando pendente de aprobación en Asemblea.
A continuación adxúntase o formulario que debe ser enviado por correo electrónico a fga@fga.es
