A Escudería As Somozas, en colaboración co Concello de As Somozas e a Federación Galega de Automobilismo (FGA), presenta o programa do vindeiro Curso de Cronometraxe, unha oportunidade imprescindible para quen queira formarse e participar activamente nas probas do automobilismo galego.
O curso, de carácter gratuito e limitado a 40 prazas, constará dos seguintes puntos:
- Conceptos básicos sobre automobilismo.
- Modalidades dentro da FGA.
- Funcións dun Cronometrador.
- Material utilizado (Funcións e manexo).
- Casos prácticos.
- Simulación Controis.
- Exame Final.
O curso terá lugar o vindeiro 10 de outubro de 2026, en horario de 9:00 a 14:00 horas, no Centro Cívico Socio Cultural do Concello de As Somozas.
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN
O curso será gratuíto. A inscrición previa será UNIPERSOAL, OBRIGATORIA E IMPRESCINDIBLE.
- Enlace de inscrición: https://forms.gle/cRYz4AE39pB4CMJV9
- Máis información: cronometradores.galicia@gmail.com
