O Campionato Xunta de Galicia de Rallysprint GT2i afronta a súa segunda parada con un éxito de participación aínda sen comezar a proba. Finalmente serán 90 equipos (o límite que marca o regulamento) os que tomarán a saída nunha cita pontevedresa que tivo nada menos que 118 solicitudes de inscripción.
Desta forma, o Rallysprint de Silleda convírtese na proba récord dos dous anos de existencia do certame, algo que demostra a aceptación e interese que desperta esta modalidade posta en marcha en 2024 por iniciativa da nova xunta directiva da FGA.
Desta forma, e coa ausencia de Alfonso «Pisko» Ventín e dos Mitsubishis de Pampillón e «Ventura», o número 1 pasa ás portas de Javier Martínez Carracedo e Marcos Fernández, que parte coma favorito fronte a equipos coma os formados por Darío Calviño e Sandra Amaro ou Marco Lorenzo e Diego Gil, entre moitos outros.
Ademáis, entre os extra, ademáis da presencia ao completo do equipo JRT, tamén se producirá o debut de Álex e Santi Pais aos mandos do Alpine A100 R-GT co que realizarán un miniprograma deportivo neste 2025.
En canto aos horarios, a proba dará comezo o sábado ás 14:20 coa especial de Bandeira. A primeira pasada por Martixe será ás 14:50 horas. A segunda pasada polos treitos será ás 17:30 e 18:00 horas, coa chegada do primeiro participante ao parque pechado de Silleda ás 18:30 horas.
O Sportity da proba é: SILLEDA25
A proba poderá seguirse en directo a través dos tempos online desta ligazón:
