ROI RODRÍGUEZ, VENCEDOR DA SELECCIÓN «MÁIS TALENTO MOTOR» DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

23 febrero, 2025

Roi Rodríguez, de 20 anos e natural de Pazos de Borbén, foi o gañador da segunda edición da selección de piloto para o programa «Máis Talento Motor» da Deputación de Pontevedra e a FGA, polo que pilotará o Dacia alquilado a AMF nas cinco probas puntuables da Sandero Eco Cup Galicia en 2025.

Rodríguez marcou un crono na final de 1:51.027, apenas medio segundo máis rápido que Iván Pajarín, que finalmente foi o segundo clasificado. Os dous finalistas restantes foron Iago García e Daniel González.

A selección, que tivo lugar no circuito de A Madalena en Forcarei, contou con 17 aspirantes que desfrutaron dunha xornada formativa e de convivencia, antes de afrontar as mangas eliminatorias das que saliu gañador Roi Rodríguez.

Roi substituirá a Yago Martínez no asento do Dacia nesta tempada, un vehículo que foi o campión da primeira edición do formato monomarca en chan galego.

A primeira proba puntuable para este certame terá lugar no Rallye Mariña Lucense, cuarta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.

Compartir