O Campionato Xunta de Galicia de Slalom continúa esta fin de semana coa celebración da séptima proba puntuable, o Slalom de Rianxo, que alcanza a súa décima edición.
A proba coruñesa, que contará con máis de medio centear de participantes, contará cos principais candidatos ao título a final de tempada. Iván Picallo, Borja Cotovad, Anxo Lariño, Pablo Castro ou o retorno de Rubén Gandoy, campión en 2024, son soamente algúns dos nomes que estarán nesta carreira, que dará comezo o sábado 6 de setembro ás 12:00 horas coa celebración da primeira manga de adestramentos.
Despois do parón do mediodía, os participantes afrontarán a segunda manga de adestramentos a partir das 16:30 horas. As dúas mangas oficiais terán lugar xusto a continuación.
A entrega de premios terá lugar ás 21:30 horas na praza do concello de Rianxo.
