A Federación Galega de Automobilismo (FGA) recorda a tódolos organizadores que xa está aberto o prazo para o pago dos dereitos de calendario das probas da tempada 2026.
O prazo de abono dos mesmos está aberto ata o 5 de decembro, tal e como se recolle na regulamentación da FGA.
Os importes dos dereitos de calendario serán os mesmos que os da tempada 2025.
