RAMILO, NA CLASE A, E OSORIO E DOS REIS, NA B, OS MELLORES EN CUNTIS

21 septiembre, 2025

Javier Ramilo «Kobas» e Manuel Osorio e Alberto dos Reis na clase A e B, respectivamente, foron os vencedores do Rallymix de Cuntis Vila Termal, sexta proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix.

A presenza da chuvia nalgúns momentos da carreira pontevedresa non impediu que os 90 equipos presentes nesta edición ofrecesen momentos espectaculares en tódalas categorías.

Precisamente «Kobas» foi o mellor no sempre difícil trazado marcado polos organizadores, fixando o crono final en 41:44.221 no Yacarcross (1° Clase A).

A segunda praza da carreira, a tan só 3,3 segundos despois das catro mangas oficiais foi para Alfonso Pisko «Ventín», tamén nun Yacar, sendo ademáis o primeiro entre os participantes na Copa MRF (2° Clase A).

Manuel Osorio e Alberto dos Reis, no Skoda, foron terceiros clasificados e primeiros na Clase B.

Completaron os cinco primeiros clasificados Iago Caamaño e Alberto Rodríguez (2° Clase B) e Antonio Viloria, no Yacar (3° Clase A).

Ademáis de Ventín, situáronse no segundo e terceiro posto do podio da Copa MRF, Víctor Manuel Fernández e Miguel Iglesias.

Nas Copas Pirelli, primeiro posto para José Lamela e Unai Conde na 4×4.

Diego Vila e Álex Sampayo, Juan Manuel Cagiao e Iván Bergondo e Sergio Tabeayo e José Peteiro, foron os tres primeiros clasificados da Pirelli Dianteira.

Cagiao e Bergondo foron ademáis os gañadores da Copa Iniciación Escuderías, con Jose Pena e Lucía Regos en segunda praza e Fran Abalo e Joel Souto na terceira.

A última proba puntuable para o Campionato Xunta de Galicia de Rallymix terá lugar no mes de outubro en Barbadás.

Compartir