O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix continúa esta fin de semana coa celebración da quinta proba puntuable, o Rallymix de Portas, en Pontevedra.
Nesta ocasión serán máis de 80 equipos os que tomarán a saída nesta proba, que nesta quinta edición se disputará íntegramente durante o sábado.
Entre os favoritos na clase A, Alfonso «Pisko» Ventín, Javier Ramilo «Kobas», Darío Calviño, Victor Manuel Fernández ou Sergio Fernández entre moitos outros, nunha categoría de enorme nivel. Entre os participantes da agrupación 1B destaca a novidade de Alexis Vieitez e Antía García cun Can Am.
Ademáis, estarán presentes 11 equipos dentro da Copa MRF Rallymix, todos eles con opción a victoria final.
Manuel Osorio e Alberto dos Reis parten como favoritos na clase B, con permiso dos irmáns Iglesias, Tino e Jorge e Cristian Gil e Álvaro Cerqueiras, no Ford Fiesta N5 e o Polo N5, respectivamente.
Tamén son un punto de atención os participantes das Copas Pirelli 4×4 e dianteira, ademáis dos inscritos na Iniciación Escuderías.
En canto aos horarios, a proba terá verificacións durante a tarde deste venres 29 de agosto dende as 18:00 horas ata as 22:30 horas. A actividade deportiva comezará o sábado 30 de agosto ás 08:30 horas, coa celebración da primeira das catro mangas oficiais.
A entrega de premios está marcada para as 21:00 horas da tarde.
O sportity da proba é: PORTAS25
