O WORLD RX DE MONTALEGRE, NOVO PATROCINADOR DA FGA

2 agosto, 2024

A Federación Galega de Automobilismo chegou a un acordo coa Cámara de Montalegre para que o World RX de Montalegre, cita puntuable para o Campionato do Mundo de Rallycross que se celebrará os días 7 e 8 de setembro, sexa patrocinador do Campionato Xunta de Galicia de Montaña ata o final desta tempada.

Este acordo marca o comezo dunha liña de traballo en común de cara a potenciar o automobilismo en Galicia e Portugal e crear sinerxias que permitan a potenciación do deporte nos dous países.

Compartir