A Federación Galega de Automobilismo comunica que o Autocross do Xacobeo, cita calendada inicialmente para o día 24 de agosto, non se celebrará posto que o organizador do evento non cumpriu cos prazos para a súa posta en marcha.
Desta forma, o calendario do Campionato Xunta de Galicia de Autocross continuará en Arteixo o próximo 14 de setembro.
