O GALEGO DE MONTAÑA CHEGA A VILAR DE BARRIO CON RÉCORD DE INSCRITOS

22 mayo, 2026

O Campionato Xunta de Galicia de Montaña – Circuito Internacional de Montalegre prosigue esta fin de semana coa celebración da segunda data puntuable, unha Subida a Vilar de Barrio que na súa quinta edición batirá o seu récord de inscritos con 80 equipos na liña de saída da localidade ourensá.

Son case 20 equipos máis que en 2025, o que reflicte o rexurdimento dunha modalidade na que a Federación Galega de Automobilismo está a poñer esforzos para darlle un pulo. Neste senso destaca o anuncio do retorno da Subida a Oia, que completará desta forma o calendario autonómico no mes de outubro.

Retornando á Subida a Vilar de Barrio estarán 10 monoprazas, 17 carcross e unha excelente lista de carrozados, con 4 GT, 2 TCR e moito nivel nas distintas agrupacións. Tamén participarán seis equipos na modalidade de regularidade.

Con respecto aos horarios, as verificacións opcionais terán lugar este venres 22 de maio pola tarde, quedando os restantes participantes para a mañá do día 23. A proba dará comezo o sábado 23 ás 14:30 horas e o resto de mangas serán xusto a continuación.

Para o domingo, as mangas comezarán ás 09.30 horas.

O Sportity da carreira é: VBARRIO26

Compartir