O ECO RALLY DE CULLEREDO, SEGUNDA PROBA PUNTUABLE PARA O AUTONÓMICO DA MODALIDADE O 12 DE DECEMBRO

10 noviembre, 2026

A localidade de Culleredo acollerá o vindeiro 12 de decembro a segunda proba do Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas – Consellería de Industria, unha cita que poñerá o peche á primeira edición deste certame pioneiro na promoción da mobilidade sustentable dentro do automobilismo galego.

A proba disputarase baixo o formato de regularidade e percorrerá un trazado que cruzará varios concellos, combinando a competición deportiva coa divulgación das enerxías limpas aplicadas ao motor.

O certame é puntuable para vehículos eléctricos e híbridos. Cómpre lembrar que os híbridos enchufables non están admitidos nesta competición.

Coa cita de Culleredo, o Campionato Xunta de Galicia de Enerxías Alternativas – Consellería de Industria bota o peche á súa primeira edición, que no 2027 dará un paso adiante de cara a consolidarse coma un referente.

Compartir