O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE SLALOM RETORNA ESTA FIN DE SEMANA EN ANTAS DE ULLA

4 julio, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Slalom prosigue esta fin de semana coa celebración da terceira proba puntuable, o Slalom de Antas de Ulla.

Segunda edición da proba lucense e que nesta ocasión contará con 39 equipos na liña de saída, entre os que destacan Pablo Castro, Anxo Lariño ou Iván Picallo, entre outros.

En canto aos horarios, formato habitual. A primeira manga de adestramentos comezará ás 10:30 horas, coa segunda xusto a continuación.

Despois do parón do mediodía, a partir das 16:00 horas, turno para a primeira das dúas mangas oficiais do que sairá o gañador ou gañadora do segundo Slalom de Antas de Ulla.

A entrega de premios está marcada para as 21:15 horas diante da praza do Concello de Antas de Ulla.

Compartir