O CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA DE RALLYMIX CONTINÚA EN TOURO

2 mayo, 2025

O Campionato Xunta de Galicia de Rallymix continúa esta fin de semana coa celebración da segunda data puntuable o Rallymix Concello de Touro, que nesta ocasión contará con 70 equipos na liña de saída e un formato dunha soa xornada de competición.

Desta forma, os equipos realizarán as verificacións na xornada do venres para disputar o sábado 3 de maio dende as 10:00 horas da mañá a primeira das catro mangas cronometradas da proba.

O percorrido sufriu pequenas variacións con respecto a tempada pasada, polo que finalmente terá 10,4 quilómetros de lonxitude.

Entre os inscritos, tódolos candidatos ao título tanto na clase A coma na B. Alfonso “Pisko” Ventín, Adrián Andrés Hurtado, Abel Jurado ou Antonio Viloria, entre outros, tentarán sumar un triunfo ao seu palmarés que confirme a igualdade deste certame.

Na clase B, novo enfrontamento entre os irmán Iglesias, Tino e Jorge, con Manuel Osorio e David Calvo e a presenza de César Garabatos e Santi Nieto, estos dous últimos con Skoda Fabia R5.

Tamén estarán presentes os participantes da apaixoante Copa Pirelli e da Copa Iniciación Escuderías, que contarán con seis e cinco participantes, respectivamente.

A entrega de premios da proba terá lugar na Casa da Cultura de Touro ás 22:00 horas.

Compartir