O Campionato Xunta de Galicia de Karting comezou esta pasada fin de semana con 105 equipos e un importante temporal de choiva e vento que puxo a proba a resistencia tanto de equipos coma de organizadores e afeccionados.
Despois dunha xornada de adestramentos libres e de competición pre-rookie na que a auga puxo en risco a realización da proba no domingo, o ceo deu un leve respiro no domingo, o que favoreceu o espectáculo dentro nas distintas categorías.
Entre os participantes da categoría rookie iame, primeira victoria da súa carreira deportiva para Bernardo García Silvosa, que dominou as dúas carreiras. Completaron o podio Neizan Granda e Pablo Kardos. Entre os participantes rookie vortex, o mellor foi Álex Fernández seguido de Carmen Pintor e Lucas Pardo.
Un chanzo por riba, dentro dos mini, triunfo para o piloto ourensán Dani López. O seu compañeiro de equipo en CRG, Enzo Prada, foi segundo e Alex Busto, terceiro.
Alejandro Méndez foi o gañador entre os júnior, nunha fin de semana con 18 karts. A continuación situáronse Ramiro Martín e Álvaro Castro.
Saúl Vaz comezou con un excelente primeiro posto a tempada 2026 na categoría sénior. Dúas victorias e a pole deixaron como dominador ao pontevedrés que tivo como compañeiros no podio a Brais García e Nicolás Rodríguez.
Xa na categoría KZ, Luis Fernández foi o mellor, seguido de César Álvarez e Jorge Suárez. Precisamente Suárez foi o gañador entre os KZ2, con Guillermo Carrera segundo e Alberto Bracone, terceiro.
Alister Cenador e Dylan Blanco foron os gañadores das carreiras dentro da Escola IRT, que sirve de introducción ao mundo da competición.
A seguinte proba puntuable do Campionato Xunta de Galicia de Karting terá lugar no circuito de A Madalena os días 3,4 e 5 de abril.
