NOVO TRIUNFO DE SENRA E MURADO NO SUR DO CONDADO

13 julio, 2024

Víctor Senra e José Murado, no seu Citroën C3 WRC, lograron a victoria no Rallye Sur do Condado, séptima data do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes.

Senra, que acumula sete triunfos en outras tantas carreiras, impúxose cun tempo total de 1:05.24.183.

A segunda posición foi para Dani Berdomás e Brais Mirón, no Skoda Fabia R5 (1° Supercampionato R5), a 49 segundos. Completou o podio Jorge Pérez Oliveira e Miriam Vera, no Hyundai I20 R5, a 3:03.

Completaron os cinco primeiros clasificados Manuel Fernández e Alex Cid e Celestino e Jorge Iglesias (1° Top Ten Pirelli Driver Autia B). Completaron a Top Ten B Juan Antonio Fernández e Maitane González e Miguel Ángel García «Maki» e Paulino Arjones.

Na Top Ten Pirelli Driver C, primeiro posto para Javier Estévez e Adriana Álvarez, seguido de Gabri Gándara e Alex Vaqueiro (1° Clio Trophy Galicia) e de Marcos Sanromán e Unai Conde (2° Clio Trophy Galicia). Terceiro no Clio Trophy Galicia foron Iván e Diego Vázquez.

Álvaro Pérez e Manuel Estévez foron os mellores da Pirelli AMF, seguidos de Juan Carlos Pampillon e Cristian Álvarez e Fran Pazos e Daniel González.

Segundo triunfo para Yago Martínez e Álex Sampayo. A segunda posición foi para Pablo Lorenzo e Eloy Lorenzo.

O Volante FGA foi a parar finalmente a mans de Marco Lorenzo e Diego Gil, que recuperaron o seu posto na clasificación xeral logo de apelar e gañar a súa exclusión por unha anomalía mecánica no Peugeot 106. Desta forma, Adrián Torreiro e Pedro Rivas foron segundos do Volante e a PXP25, mentres que o terceiro chanzo caeu nas mans de Diego Camuñas e Lucía Sesar.

A seguinte proba do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes será en Ferrol no mes de agosto.

(Nota actualizada coa resolución de Marco Lorenzo e Diego Gil)**.

Compartir