A Comisión Delegada da Federación Galega de Automobilismo reuniuse de urxencia o venres 1 de maio para adoptar dous cambios regulamentarios na modalidade de rallymix e na Challenge R2 – Staroil do Campionato Xunta de Galicia de Rallyes – Recalvi.
No caso do rallymix e tal e coma se avanzou nun comunicado previo, o presidente trasladou a vontade de modificar o punto 18.2.1 do regulamento xeral da modalidade con efecto inmediato para o Rallymix de Touro.
Tras a explicación dos motivos deste cambio, o mesmo foi aprobado por unanimidade:
Desta forma os cambios son os seguintes: Anulación do artigo 18.2.1 e modificación do artigo 12.7.3. deixando novamente o apunte “Cando un participante se contabilice como non saído en 2 treitos, non optará á clasificación final”.
No tocante á Challenge R2-Staroil e por un erro detectado polo secretario na redacción do regulamento da mesma. Redactase novamente o artigo 8.3 dado que o que había publicado non se
correspondía coa Challenge R2 Staroil, ao mencionar un número de probas, descartes e puntuacións non aplicables a esta copa composta unicamente de cinco probas.
Nova redacción do art. 8.3:
A clasificación final da 2ª CHALLENGE R2 STAROIL 2026, será establecida entre aqueles pilotos e copilotos que participasen nun mínimo de tres das cinco probas celebradas.
Para a puntuación final reteránse e sumaránse os resultados de tódalas probas celebradas no calendario deste regulamento descontando o peor resultado (unha proba). Se un participante non toma parte en algunha das probas, a mesma poderase descontar para a clasificación final.
Este punto foi aprobado por unanimidade.
