MÁIS DE 60 NENOS PARTICIPARON NA SEGUNDA CHARLA DO PROGRAMA FGA NAS AULAS DE PRIMARIA

14 marzo, 2025

O programa FGA nas Aulas de Primaria, que conta coa colaboración de GADIS e de Recalvi, fixo a súa segunda parada do curso 2025 en Nebra, Porto do Son.

Máis de 60 nenos e nenas foron os participantes dunha charla introductoria ao mundo do automobilismo deportivo na que estiveron presentes Álvaro Castro Laiño e Javier Lariño, que ademáis de narrar a súa experiencia no mundo dos rallyes, tamén levaron os seus vehículos de competición para desfrute dos máis pequenos.

Ao longo de máis dunha hora, os estudantes deste centro coruñés demostraron o seu interese no mundo da competición en tamén fixeron preguntas de moito interese aos invitados, que non dubidaron en responder a tódalas súas cuestións.

Ademáis, acolleron con emoción a segunda edición do concurso de debuxo que fará realidade o seu deseño no caso de ser os gañadores do mesmo, sustituindo desta forma a África García, a primeira vencedora do mesmo.

 

Compartir